O Concello favorece aos escaparates mellor decorados premiándoos.
Os premios son os seguintes:
1 º Premio: 2.500,00 €
2º Premio: 1.500,00 €
3º Premio: 1.000,00 €
4º Premio: 750,00 €
5º Premio: 750,00 €
Coa expansión da festa do Samaín na nosa cidade cada vez máis establecementos decoran os seus escaparates con galas relacionadas con esta noite de antepasados, antepasadas e tradición. Así contribúen decisivamente a popularizar a festa nos nosos barrios. Comercios de venda de roupa, pequenas tendas de alimentación, … achégannos á maxia desta xornada.
O Concello favorece aos escaparates mellor decorados premiándoos.
Os premios son os seguintes:
1 º Premio: 2.500,00 €
2º Premio: 1.500,00 €
3º Premio: 1.000,00 €
4º Premio: 750,00 €
5º Premio: 750,00 €
BASES DA VOTACIÓN
A partir dunha data que se publicará nesta web abrirase o prazo de votación dos 10 mellores escaparates a partir das fotografías que figurarán no apartado “Fotografías”.
Cada persoa participante pode votar unha única vez a un comercio. Todos os votos serán revisados para asegurarse de que corresponden a unha dirección de correo existente. Serán eliminados os que non cumpran esta condición.
As persoas participantes incluiranse nun sorteo de 25 vales de 50€ cada un para gastar en calquera dos comercios que participan no concurso de escaparatismo 2022 (ver páxina comercios nesta web).
É imprescindible facilitar un correo electrónico ou un número de teléfono para participar. Ese dato incluirase nunha base de datos coa única finalidade de poñernos en contacto con vostede en caso de resultar gañador/a dun vale.
Os vales de 50€ sortearanse entre tódalas persoas participantes por medio da súa inclusión no programa informático ( https:// app-sorteos.com/es) que xerará os 25 números aleatorios premiados.