Skip links

Para poder participar nos talleres é obrigatorio inscribirse previamente e cubrir todos os apartados da devandita inscrición.

Todos/ as os nenos/ as rexistrados/ as deben ir acompañados por un adulto autorizado que o/a deixará e recollerá nas instalacións.

Se o adulto que figura na inscrición non pode achegarse a deixar/recoller ao neno/a, deberá asinar unha autorización a outro adulto no que figuren os seus datos, o nome do neno/a e os datos da persoa que exercerá de titor/a e un teléfono de contacto.

Entre taller e taller procederase á limpeza e desinfección de materiais e NON SE ATENDERÁ AOS NENOS/AS. Se vai participar no seguinte taller, un adulto autorizado deberá facerse cargo nese espazo de tempo.

Os datos que nos facilita serán utilizados, unicamente, para poñernos en contacto con Vde. para temas relacionados con, ou incidencias, nos talleres.

En caso de admisión ou denegación (porque se superou o número de prazas dispoñibles no taller/es solicitados) recibirá unha mensaxe. As admisións realizaranse en rigorosa orde de solicitude.

gl_ESGalego